Augas escuras
Augas escuras | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Dark Waters |
Director | Todd Haynes |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | "The Lawyer Who Became DuPont's Worst Nightmare" de Nathaniel Rich |
Intérpretes | |
Música | Marcelo Zarvos |
Fotografía | Edward Lachman |
Montaxe | Affonso Gonçalves |
Estudio |
|
Distribuidora | Focus Features |
Estrea | 22 de novembro de 2019 6 de setembro de 2023 (TVG) |
Duración | 126 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Biografía e drama |
Recadación | 23,1 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
https://www.focusfeatures.com/dark-waters | |
|
Augas escuras (en inglés: Dark Waters) é un filme estadounidense de 2019, de suspense xudicial, dirixido por Todd Haynes e con guión de Mario Correa e Matthew Michael Carnahan. A historia dramatiza o caso que enfrontou a un avogado corporativo, Robert Bilott, contra a empresa industrial química DuPont despois de que eles contaminasen unha cidade con refugallos químicos. Está protagoniza por Mark Ruffalo como Bilott, xunto con Anne Hathaway, Tim Robbins, Bill Camp, Victor Garber, Mare Winningham, William Jackson Harper e Bill Pullman.
O filme baséase nun artigo de 2016 de Nathaniel Rich, xornalista do New York Times Magazine, "The Lawyer Who Became DuPont's Worst Nightmare" (en galego, O avogado que se converteu no peor pesadelo de DuPont).[3][4]
A historia foi contada por primeira vez no libro de 2007 "Stain-Resistant, Nonstick, Waterproof and Lethal: The Hidden Dangers of C8" (en galego, Resistente ás manchas, antiadherente, impermeable e letal: os perigos ocultos do C8) por Callie Lyons, unha xornalista de Ohio que cubriu a polémica mentres se desenvolvía.[5] Outras partes da historia tamén se basearon nun artigo de 2015 de Mariah Blake,"Welcome to Beautiful Parkersburg, West Virginia" (en galego, Benvido ao fermoso Parkersburg, Virxinia Occidental) que foi finalista do Premio National Magazine,[6] e de Sharon Lerner, cuxa serie "Bad Chemistry" (en galego, Mala Química) foi publicada por The Intercept.[7][8] Bilott tamén escribiu Exposure,[9] no que detallou a súa experiencia na batalla legal de máis de vinte anos contra DuPont.[10]
Augas escuras tivo un lanzamento limitado o 22 de novembro de 2019, por Focus Features, que se ampliou o 6 de decembro de 2019. A película recibiu valoracións positivas da crítica e recadou 21 millóns de dólares. Estreouse en galego o 6 de setembro de 2023 a través da TVG.[11][12]
Argumento
[editar | editar a fonte]Robert Bilott é un avogado defensor corporativo de Cincinnati, Ohio que traballa para o bufee Taft Stettinius & Hollister. Un granxeiro, Wilburrt Tennant, quen coñece a avoa de Robert, pídelle a este que investigue unha serie de mortes de animais inexplicables en Parkersburg, Virginia Occidental. Tennant relaciona as mortes coa empresa de fabricación de produtos químicos DuPont e dálle a Robert unha gran caixa con cintas de vídeo.
Robert visita a granxa Tennant, onde descobre que 190 vacas morreron con afeccións médicas pouco comúns como órganos inchados, dentes ennegrecidos e tumores. O avogado de DuPont, Phil Donnelly, dille que non está ao tanto do caso, pero que o axudará en todo o que poida. Robert presenta unha pequena moción para que poida obter información a través de información pública dos produtos químicos vertidos no sitio. Cando non atopa nada útil no informe da EPA, United States Environmental Protection Agency (en galego, Axencia de Protección Ambiental de Estados Unidos), dáse conta de que os produtos químicos poden non estar regulados pola EPA.
Robert enfróntase a Phil nun evento da industria, o que leva a unhas relacións pouco amigables. DuPont envía a Robert centos de caixas coa esperanza de enterrar as probas. Robert atopa numerosas referencias ao PFOA entre toda a documentación remitida, mais Robert atopa numerosas referencias ao PFOA, un produto químico que non se relaciona en ningún manual médico. No medio da noite, Sarah, a muller de Robert que está embarazada, atópao arrincando a alfombra dos solos e tirando as súas tixolas. A causa é que el descubriu que o PFOA é ácido perfluorooctanoico, que se emprega na fabicación do teflón, o material antiadherrente da tixolas de tódalas casas estadounidenses e que DuPont fixera durante décadas probas do efecto do PFOA e descubriu que podería causar cancro e malfornacións de nacemento, pero non fixera públicos os resultados. Tamén descubriu que, a empresa, botara centos de litros de lodos tóxicos río enriba da granxa de Tennant causando o envelenamento das súas vacas e que o PFOA e compostos semellantes son substancias químicas que non saen do fluxo sanguíneo e se acumulan lentamente.
Ao presentar Tennant a demanda, converteuse nun veciño rexeitado pola súa comunidade pois DuPont era a maior empresa da localidade e temían perde-los empregos. Robert animábao a aceptar o acordo con DuPont, mais Tennant negouse porque quería xustiza e, confesoulle a Robert, que el e a súa muller tiñan cancro. Robert enviou as probas de DuPont á EPA e ao Departamento de Xustiza, entre outros. A EPA multou a DuPont 16,5 millóns de dólares. Con todo, Robert, non quedou satisfeito ao se decatar que os residentes en Parkersburg sufrirían os efectos da PFOA o resto da súa vida. Daquela, tratrou de conseguir un seguimento médico para tódolos residentes de Parkersburg mediante unha gran demanda colectiva. Porén, DuPont enviou unha carta aos veciños notificando a presenza de PFOA na auga, iniciando así o prazo de prescrición e dando un prazo legal dun mes para calquera outra acción legal.
Como a cantidade de PFOA presente na auga non está regulamentada, o equipo de Robert argumentou que a corporación era responsable pois a cantidade na auga era superior a unha parte por mil millóns, que era a proporción considerada segura polos propios documentos internos de DuPont. No xulgado, DuPont afirmou que un seu estudo posterior descubrira que, mesmo, 150 partes por mil millóns eran seguras. Como reacción, os veciños protestan e a historia convértese en noticia nacional polo que DuPont acepta indemnizarr con 70 millóns de dólares. Mais como DuPont só estaba obrigada a realizar un seguimento médico se os científicos demostran que o PFOA causaba as enfermidades, estableceuse unha comisión científica independente. Para obter datos, o equipo de Robert díxolles aos veciños que poderían obte-los cartos do acordo despois de doar sangue e conseguiron que case 70.000 persoas doaran para o estudo.
Tras pasar sete anos sen ningún resultado do estudo. Tennant morre e Robert empobrécese tras varios recurtes salariais, ocasionando problemas no seu matrimonio. Cando Tom, o seu xefe, comunícalle que ten que lle baixar o salario, de novo, Robert sofre un ataque. Os médicos dinlle a Sarah que o seu marido sufriu unha isquemia provocada polo estrés. Sarah prégalle a Tom que deixe de facer que Robert se sinta un fracaso, xa que está facendo algo por persoas que precisan axuda.
Finalmente, a commisión científica contacta con Robert e dille que o PFOA causa múltiples cancros e outras enfermidades. Durante unha cea coa súa familia, Robert é informado de que DuPont renega de todo o acordo polo que, Robert, decide levar o caso de cada acusado a DuPont, un por un. Gaña os tres primeiros casos con indemnizacións millonarias crecentes contra DuPont, e esta decide buscar un acordo coa a acción colectiva por 671 millóns de dólares.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Mark Ruffalo es Robert Bilott.
- Anne Hathaway es Sarah Bilott.
- Tim Robbins es Tom Terp.
- Bill Camp es Wilbur Tennant.
- Victor Garber es Phil Donnelly.
- Mare Winningham es Darlene Kiger.
- Bill Pullman es Harry Deitzler.
Produción
[editar | editar a fonte]O 21 de setembro de 2018 anunciouse que Todd Haynes dirixiría a película, titulada entón Dry Run, cun guión de Matthew Michael Carnahan, e cunha produción de Participant Media xunto con Mark Ruffalo.[13] En novembro de 2018, Ruffalo foi oficialemente proposto para protagoniza-la película.[14]
En xaneiro de 2019, Anne Hathaway, Tim Robbins, Bill Camp, Victor Garber, Mare Winningham, William Jackson Harper, e Bill Pullman uníronse ao elenco da película.[4] A rodaxe empezou o 14 de xaneiro de 2019, en Cincinnati, Ohio.[15]
Estrea
[editar | editar a fonte]A película estreouse no Walter Reade Teatro o 12 de novembro de 2019.[16] Posteriormente, estreouse noutros cinemas a partir do 6 de decembro de 2019.[17]
Acollida
[editar | editar a fonte]Recadación
[editar | editar a fonte]Augas escuras recadou 11,1 millóns de dólares nos Estados Unidos e o Canadá e 11,9 millóns noutros países, cun total mundial de 23,1 millóns de dólares.[18]
No seu fin de semana, a película gañou 102.656 dólares en catro salas, cunha media por sala de 25.651 dólares.[19] Na fin de semana seguinte ampliouse a 94 salas, gañando 630.000 dólares.[19] A película proxectouse, aínda máis, na súa terceira fin de semana de estrea, gañando 4,1 millóns de dólares en 2.012 salas e gañou 1,9 millóns na cuarta fin de semana.[20][21]
Análise da crítica
[editar | editar a fonte]En Rotten Tomates, o filme conseguiu un índice de aprobación de 90% baseado en 214 comentarios, cun índice medio de 7,33 sobre 10. O consenso dos críticos do sitio web afirmou: "Dark Waters retransmite poderosamente un relato da vida real de indignantes malos tratos, honrando ás vítimas e botando a culpa sobre os autores".[22] En Metacritic, a película tivo unha puntuación media ponderada de 73 sobre 100, baseada en 38 críticos, o que indica "críticas xeralmente favorables".[23] O público enquisado por CinemaScore outorgou á película unha nota media de "A–" nunha escala de A+ a F, mentres que os de PostTrak déronlle unha media de 3,5 sobre 5 estrelas, cun 60% dicindo que definitivamente a recomendarían a un amigo.[20]
Resposta económica
[editar | editar a fonte]A ruptura de Dow-DuPont a comezos do ano produciu unha nova compañía DuPont que continuou perdendo valor durante a segunda metade de 2019 a medida que os investimentos estaban preocupados polos pasivos potenciais relacionados cos produtos de fluoropolímero da antiga DuPont. Cando se estrenou Augas escuras, o 12 de novembro, o prezo das accións de DuPont caeu aínda máis en 7,15 puntos, pasando de 72,18 a 65,03.
Aínda que os produtos agora forman parte de Chemours e as empresas resolveron as demandas de saúde pública ás que se fai referencia no filme, Chemours demandou a DuPont, alegando que a antiga empresa matriz traspasáralle onerosas responsabilidades e non realizara os cálculos económicos de boa fe. Chemours estimou que tería que pagar máis de 200 millóns de dólares para facer fronte aos danos ambientais en Carolina do Norte causados por outra fábrica de PFAS nesa rexión. Igualmente, a liquidacion do acordo previo tanto en Virxinia Occidental como en Ohio custaron 671 millóns de dólares, que se repartiron entre as dúas empresas.[24]
O director executivo (CEO) de DuPont, Marc Doyle, executivos e investidores argumentaron que gran parte da película non estaba baseada en feitos reais e DuPont foi inxustamente representada para se axustar ao papel do inimigo. Segundo Doyle, fixéronse declaracións públicas limitadas porque "nunha situación coma esta, non che serve moito de combatelo á vista do público. Iso só atraería cada vez máis atención sobre o asunto". O presidente executivo, Ed Breen, non comentou se DuPont tomaría accións legais contra a película, pero si comentou aos investidores que «obviamente, temos moitas persoas do departamento legal que viron a película».[25] Os executivos que a película presentou como culpables dos feitos, aínda seguiron a traballar en DuPont. Outra compañía involucrada, 3M, viu pouco ou ningún cambio no prezo das accións o día da estrea da película, pois xa estaba a experimentar un "ano difícil" por mor das "posibles responsabilidades se houbese un litixio sobre a produción anterior de PFAS".[26] O prezo das accións de 3M pechou, o 28 de xaneiro de 2018, a 256,01 e foi caendo até que, o 1 de xaneiro de 2019, chegou ao nivel de 168,27.
Premios
[editar | editar a fonte]Premio | Data | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|---|
Satellite Awards 2020 | 19 de decembro de 2019 | Mellor Actor - Drama | Mark Ruffalo | Nomeado |
Mellor guión adaptado | Mario Correa, Matthew Michael Carnahan, Nathaniel Rich | Nomeado | ||
Cinema for Peace | 23 de febreiro de 2020 | Premio á Xustiza 2020 | Augas escuras | Nomeado |
Premio Internacional de Cinema Verde 2020 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dark Waters". AMC Theatres. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2019. Consultado o 3 de novembro de 2019.
- ↑ "Dark Waters (2019)". Box Office Mojo. IMDb. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2005. Consultado o 18 de marzo de 2020.
- ↑ Rich, Nathaniel (6 de xaneiro de 2016). "The Lawyer Who Became Dupont's Worst Nightmare". nytimes.com (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 Wiseman, Andreas (9 de xaneiro de 2019). "Anne Hathaway, Tim Robbins, More Join Mark Ruffalo In Todd Haynes-Participant Drama About DuPont Pollution Scandal". deadline.com (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2020.
- ↑ Lyons (2007)
- ↑ Steigrad, Alexandra (14 de xaneiro de 2016). "American Society of Magazine Editors Unveils Finalists for 2016 National Magazine Awards". wwd.com (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2020.
- ↑ Lerner, Sharon. "Bad Chemistry". theintercept.com (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2011.
- ↑ Lerner, Sharon (12 de agosto de 2015). "The Teflon Toxin: DuPont ant the Chemistry of Deception". theintercept.com (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2020.
- ↑ Billot, Robert (2019). Exposure (en inglés). Nova York: Atria Books. ISBN 9781501172816.
- ↑ AP (10 de xullo de 2019). "Lawyer who took on DuPont has book coming out". apnews.com (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2020.
- ↑ @DobraxeGalega (ed.). "Augas escuras en galego na TVG". Consultado o 6 de setembro de 2023.
- ↑ @DobraxeGalega (ed.). "Filmes dobrados ao galego na TVG en 2023". Consultado o 3 de xaneiro de 2024.
- ↑ N'Duka, Amanda (21 de setembro de 2018). "‘Carol’ Helmer Todd Haynes To Direct ‘Dry Run’ Drama For Participant Media". deadline.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2020. Consultado o 5 de novembro de 2020.
- ↑ Wiseman, Andreas (9 de novembro de 2018). "Mark Ruffalo To Star In Participant Media’s Todd Haynes Pic About DuPont Pollution Scandal". deadline.com (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2020.
- ↑ WKRC (2 de xaneiro de 2019). "Shooting for film starring Mark Ruffalo, Anne Hathaway begins in Hamilton Monday". local12.com (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2020.
- ↑ Biese, Alex. ""Dark Waters": Mark Ruffalo fights 'the biggest corporate criminality' in whistleblower film". eu.app.com (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2020.
- ↑ Brueggemann, Tom (24 de novembro de 2019). "‘Dark Waters’ Leads Tepid Arthouse Openers at Crowded Box Office". indiewire.com/ (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2020.
- ↑ "Dark Waters". boxofficemojo.com (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2020.
- ↑ 19,0 19,1 Brueggemann, Tom (24 de novembro de 2019). "‘Dark Waters’ Leads Tepid Arthouse Openers at Crowded Box Office". indiewire.com (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2020.
- ↑ 20,0 20,1 D'Alessandro, Anthony (8 de decembro de 2019). "‘Frozen 2’ Leads Dreary December Weekend With $34M+, ‘Playmobil’ Plunges To $670K – Sunday Update". deadline.com (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2020.
- ↑ D'Alessandro, Anthony (15 de decembro de 2019). "How Sony Took ‘Jumanji’ To ‘The Next Level’ With A $60M+ Opening; ‘Richard Jewell’ & ‘Black Christmas’ Earn Lumps Of Coal – Sunday Final". deadline.com (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2020.
- ↑ "DARK WATERS". rottentomatoes.com (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2020.
- ↑ "Dark Waters 2019". metacritic.com (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2020.
- ↑ Chatsko, Maxx (9 de xaneiro de 2020). "Here's Why DuPont Fell 40.5% in 2019". fool.com (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2020.
- ↑ Eichmann, Mark (1 de novembro de 2019). "DuPont execs react to villain role in ‘Dark Waters’ film". whyy.org (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2020.
- ↑ Samaha, Lee (18 de decembro de 2019). "Is 3M Stock a Buy for 2020?". fool.com (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Augas escuras |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lyons, Callie (2007). Stain-Resistant, Nonstick, Waterproof, and Lethal: The Hidden Dangers of C8 (en inglés). Santa Barbara, CA: Praeger. ISBN 978-0275994525.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Filmes de 2019
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Todd Haynes
- Filmes de Participant Media
- Filmes de Focus Features
- Filmes rodados en Ohio
- Filmes sobre avogados
- Filmes sobre o medio ambiente
- Filmes ambientados en 1975
- Filmes ambientados en 1998
- Filmes ambientados en 1999
- Filmes de 2019 con versión en galego